Se estás concienciado sobre a importancia que ten xerar menos residuos sólidos (lixo) e cres que todos podemos facer grandes cousas neste tema ( por pequenos que parezan, os nosos xestos son moi importantes)... noraboa! xa podes presumir de ser un "homo modernus" grazas á túa conciencia ecolóxica. Claro que, aparte da intención, hai que contar cos coñecementos. Por iso, aquí tedes un curso de reciclaxe apto para todos os públicos. E, ademais de contar cos coñecementos, tes que ter os medios: se pensas que no lugar onde vives non existen os medios adecuados para que un ecoloxista coma ti poida reciclar como desexa... reclama! (ao Concello, ás asociacións de veciños, ás asociacións de consumo...).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 Responses "Curso avanzado de reciclaxe"
Publicar un comentario